Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Resultado sorteo solicitantes Escolas Deportivas Municipais 25/26

/ Resultado sorteo solicitantes Escolas Deportivas Municipais 25/26

Publícase a listaxe de persoas admitidas nas Escolas Deportivas Municipais, como resultado do sorteo público celebrado o 26 de agosto de 2026 ás 11.00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo, no que a letra resultante de dito sorteo foi a «I».

 

As persoas admitidas terán un prazo (1 – 11 setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo solicitar e entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza.

 

O recibo de pagamento poderase solicitar de xeito presencial en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas); ou a través da dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org. O xustificante de pago deberase entregar no Servizo Municipal de Deportes do mesmo xeito

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do un de outubro.

 

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Arteixo (https://ovtarteixo.dacoruna.gal/ga/150058/AARTEIXO/pagar).