O Centro de Información ás Mulleres (CIM), conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun amplo programa de actividades que se desenvolverán entre o 21 e o 29 de novembro.
O venres 21 abrirase o programa coa representación da obra “As agoridas”, da compañía Teatro Ningures, no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo.
O sábado 22 celebrarase a VII Andaina contra a violencia de xénero, con saída ás 10:00 horas dende o Campo da Festa. O percorrido urbano, de aproximadamente catro quilómetros, é apto para todos os públicos e rematará cunha chocolatada con churros e música a cargo dun DJ. As 500 primeiras persoas inscritas recibirán un agasallo conmemorativo.
O martes 25 iluminarase a fachada do Concello de cor violeta e desenvolveranse obradoiros sobre igualdade e prevención da violencia de xénero nos centros educativos.
O sábado 29 será a quenda do taller de defensa persoal KRAV MAGA, dirixido a mulleres e nenas maiores de 13 anos. Ademais, ao longo do mes manterase aberta no CCC Arteixo a exposición “Chicas nuevas 24 horas”, inspirada no documental de Mabel Lozano.
Podes consultar a programación completa neste enlace
No que vai de 2025, segundo datos oficiais do Ministerio de Igualdade, 22 mulleres foron asasinadas en España por violencia de xénero, e en Galicia rexístranse máis de 6.200 casos activos no sistema VioGén.
O Concello de Arteixo reafirma o seu compromiso coa igualdade e coa loita contra a violencia machista, lembrando que a prevención, a educación e o acompañamento ás vítimas son ferramentas clave para avanzar cara a unha sociedade libre de violencia.
📲 Máis información e inscricións no CIM de Arteixo (Avda. do Balneario, 10) ou no teléfono 981 601 415.

