Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Solicitantes Escolas Deportivas Municipais 25/26: Listaxe definitiva

/ Solicitantes Escolas Deportivas Municipais 25/26: Listaxe definitiva

Finalizado o prazo de subsanación, publícase a listaxe definitiva de persoas solicitantes das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2026/2027.
 

O mércores 26 de agosto celebrarase ás 11.00 h no Pazo dos Deportes o sorteo de prazas para as Escolas Deportivas Municipais. No caso dos grupos donde o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

A exposición pública da listaxe de persoas admitidas será a partir do 31 de agosto na páxina web municipal e no Servizo Municipal de Deportes. As persoas admitidas terán un prazo (1-11 de setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo solicitar e entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza.De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do un de outubro.