Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O Concello homenaxea ás fundadoras de Xiradela co recoñecemento «Mulleres de Arteixo 2026»

/ O Concello homenaxea ás fundadoras de Xiradela co recoñecemento «Mulleres de Arteixo 2026»

FINANCIADO POR:

/ O Concello homenaxea ás fundadoras de Xiradela co recoñecemento «Mulleres de Arteixo 2026»

FINANCIADO POR:

 Arteixo culmina a programación institucional con motivo do Día Internacional da Muller cun acto central no Centro Tecnolóxico (Sabón) o venres 27 de marzo a partir das 17:30 horas. A xornada terá como fito principal a entrega do recoñecemento «Mulleres de Arteixo 2026» a Teresa Carnota, Aurora Verdía e María José Carnota.

As tres homenaxeadas foron as impulsoras no ano 1982 da asociación xuvenil Xiradela, unha entidade que resultou clave na recuperación e dignificación da música, o baile e a indumentaria tradicional de Arteixo. Con este galardón, o Goberno local quere poñer en valor o seu compromiso coa identidade cultural e o seu papel pioneiro no tecido asociativo do municipio.

O evento comezará cunha mesa redonda na que participarán Ana Ramos (Mulleres no Sector Público), Andrea Manuela García (Fondo Galego de Cooperación) e Ana López (Mulleres en Igualdade), quen analizarán os retos actuais da muller en distintos espazos de liderado e participación social.