Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Actividades extraescolares curso 26/27: prazas vacantes

/ Actividades extraescolares curso 26/27: prazas vacantes

As Concellarías de Deportes e Educación dan a coñecer as prazas vacantes nas actividades extraescolares para o vindeiro curso 2026-2027, unha vez rematado o prazo de renovación.

Oferta prazas actividades extraescolares 2026-2027

Para solicitar estas prazas vacantes deberán seguir o seguinte procedemento a partir do día 13 de xullo:

o Publicación prazas vacantes: 8 de xullo na páxina web municipal.

o Prazo de preinscrición: do 13 ao 24 de xullo

o O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación; ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org . Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org e educacion@arteixo.org.

o No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

o Exposición de persoas preinscritas: A partir do 31 de xullo na páxina web municipal.

o Prazo subsanación erros: 3 – 7 de agosto na páxina web municipal.

o Publicación listaxe definitiva de persoas preinscritas: 10 de agosto na páxina web municipal.

o Sorteo público: 11 de agosto ás 11:00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo

o Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 13 de agosto na páxina web municipal

o Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (17 ao 28 de agosto) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de
Deportes ou Educación. No caso contrario, procederase á anulación da praza.

o De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do 9 de setembro.

o Lembramos que o calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas
vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.

o Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal.