Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O Auditorio do Centro Manuel Murguía acolle ‘BenQuerer’, unha peza de danza íntima sobre o autocoidado e a vulnerabilidade

/ O Auditorio do Centro Manuel Murguía acolle ‘BenQuerer’, unha peza de danza íntima sobre o autocoidado e a vulnerabilidade

O vindeiro venres, 17 de abril, o Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía converterase no escenario de BenQuerer, a última proposta do recoñecido bailarín e coreógrafo Fran Sieira. A función, que forma parte do programa cultural Prim’Art 2026, dará comezo ás 20:30 horas.

BenQuerer preséntase como unha obra emocional que afonda nos procesos de adaptación ante os cambios e na importancia de poñer límites nun sistema que prima a produción constante. A través do movemento, a peza reflexiona sobre a necesidade de aceptar a fraxilidade e de permitirse parar cando o corpo o precisa, cuestionando o medo ao xuízo social por amosarse vulnerable.

A autoría e dirección corren a cargo do propio Fran Sieira, quen contou coa colaboración de Gena Baamonde na dirección. Sobre as táboas, Sieira estará acompañado pola música en directo de Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras, creando unha atmosfera sonora única baixo o selo music’ART. O espectáculo está dirixido a un público maior de 14 anos e ten unha duración aproximada de 55 minutos. As entradas pódense adquirir por un prezo de 6 euros (ordinaria) e 4,50 euros (reducida).