Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O Auditorio do CCC Manuel Murguía acolle a comedia emocional «As formas do amor»

/ O Auditorio do CCC Manuel Murguía acolle a comedia emocional «As formas do amor»

InvernArte trae a Arteixo «As formas do amor», da compañía Verdeveras Expresións Artísticas. Uha peza, protagonizada por Sergio Zearreta e María Ángeles Iglesias que ofrece unha reflexión profunda e con humor sobre os vínculos sentimentais que deixan pegada ao longo da vida.

A cita é o venres 13 de febreiro ás 20.30h.

A trama narra o reencontro de dous personaxes que foron parella no pasado, explorando como aquel amor transformou as súas identidades. Baixo a dirección de Gena Baamonde e a autoría da propia María Ángeles Iglesias, a obra convida ao público adulto a espellarse nunha historia de 65 minutos de duración que combina a emoción coa comedia.

As entradas teñen un prezo de 4 euros (xeral) e 3 euros (reducida). As persoas interesadas poden adquirilas de forma anticipada a través da plataforma de venda en liña do Concello ou directamente no despacho de billetes do Centro Cívico Cultural de Arteixo desde dúas horas antes do comezo da función.