Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O programa cultural invernArte trae a Arteixo o espectáculo musical «Bosque»

/ O programa cultural invernArte trae a Arteixo o espectáculo musical «Bosque»

O Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía de Arteixo acolle o venres, 27 de febreiro, ás 19:00 horas, a representación de «Bosque». Esta proposta, integrada no programa invernArte da Concellería de Cultura, é unha creación conxunta de Mamá Cabra e Aurora Artes Escénicas.

«Bosque» defínese como un espectáculo musical no que a natureza toma o protagonismo a través dun concerto en forma de fábula. Durante 50 minutos, os animais e as plantas dun recuncho da terra expresan a súa sabedoría ancestral, reivindicando a necesidade de protexer e coidar os espazos naturais que nos rodean.

A obra conta coa autoría e dirección de Laura Sarasola e un elenco artístico formado por Gloria Mosquera, Laura Sarasola, Alma Sarasola e Diego Maceiras. Trátase dunha actividade dirixida especialmente ao público familiar, recomendada para nenos e nenas a partir dos 6 anos de idade.