Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Escola de Música: comeza o prazo de renovación de matrícula para o alumnado Curso 2026-2027

/ Escola de Música: comeza o prazo de renovación de matrícula para o alumnado Curso 2026-2027

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación informa do comezo do prazo de renovación de matrícula do alumnado da EMMArteixo para o vindeiro curso 2026/2027 nas sedes de Arteixo e Meicende.

Para o curso 2026/2027 os prazos para o procedemento de renovación da matrícula do alumnado da EMMArteixo son os seguintes:

 Do 2 ao 16 de marzo (prazo de renovación de matrícula do alumnado, exceptuando o alumnado que este ano cursa Básica II, que ten os seus propios prazos)

 Do 20 de marzo ao 1 de abril (exposición das listaxes1 e posibles reclamacións)

ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN

A través do enderezo electrónico: emmaarteixo@gmail.com, mediante o envío dos modelos correspondentes para cada procedemento.

Prazos

Modelo de renovación (menores)

Modelo de renovación (Adultos)

Modelo non renovación de matrícula

INFORMACIÓN:

Por teléfono: 671 582 787 nos seguintes horarios:

 Luns: 09:00 a 14:00 h.

 Mércores: 09:00 a 14:00 h e 16:00 a 19:00 h.

 Venres: 09:00 a 14:00 h.

Por correo electrónico: emmaarteixo@gmail.com

NON PODERÁ RENOVAR A MATRÍCULA NA EMMArteixo:

1. O alumnado expulsado mediante expediente disciplinario.

2. O alumnado que teña cumpridos seis anos de permanencia na escola na mesma materia ou dez anos dende que empezou música e movemento .