O edificio Arteixo Innovación, situado no Polígono de Sabón, acollerá os vindeiros días 8 e 9 de xullo a celebración dos SUMARTE Encontros.
Este evento técnico configúrase como un espazo de debate arredor da mobilidade sostible, centrando a súa atención no desenvolvemento das bicicletas eléctricas nas contornas urbanas e metropolitanas.
A sesión do xoves 9 de xullo centrarase na análise da experiencia do usuario na fronteira dos sistemas públicos de transporte, avaliando especificamente os servizos de Bicicoruña e BiciArteixo coa participación de técnicos e investigadores da Universidade da Coruña. Tras a clausura institucional e a entrega de diplomas, o programa técnico pecharase pola tarde coa presentación da ampliación do servizo de BiciArteixo e un percorrido posterior en e-bike polo paseo marítimo municipal.
O Concello de Arteixo mantén aberta a convocatoria para todas as persoas interesadas en asistir, quen poden formalizar a súa inscrición a través dos canles dixitais facilitados pola organización.