Filtro xeral
Filtro xeral

 

 

Inicio > Os nosos «lugares de encontro» ilustrarán o calendario municipal 2027

/ Os nosos «lugares de encontro» ilustrarán o calendario municipal 2027

A Concellería de Turismo convoca unha nova edición do concurso fotográfico que servirá para elaborar o calendario municipal 2027. O tema escollido esta ocasión, será  #LugaresDeEncontro

O prazo para participar permanecerá aberto desde o día seguinte á publicación das bases na web municipal ata o 5 de setembro de 2026 ás 23.59 horas.

O certame está dirixido a persoas seguidoras das contas oficiais do Concello de Arteixo en Facebook ou Instagram, que deberán presentar, a través da plataforma Easypromos, unha fotografía realizada no municipio e relacionada coa temática “Lugares de Encontro”, mostrando espazos de convivencia e interacción social como prazas, rúas, parques, praias, paseos ou outros lugares que formen parte da vida cotiá da veciñanza.

As fotografías deberán enviarse en formato JPEG, PNG ou TIFF e cumprir os requisitos técnicos establecidos nas bases. Ademais, na descrición poderá indicarse o lugar onde foi tomada a imaxe e unha breve explicación da súa relación coa temática proposta, valorándose especialmente a capacidade da fotografía para transmitir convivencia, identidade local e vida comunitaria.

A selección das obras realizarase mediante un sistema mixto que combinará a votación popular coa valoración dun xurado integrado por profesionais dos ámbitos da historia e patrimonio, da fotografía e da publicidade. As doce fotografías mellor clasificadas serán as que integren o Calendario de Arteixo 2027.

O concurso repartirá premios de 500 euros para a fotografía gañadora, 300 euros para a segunda clasificada, 200 euros para a terceira e 100 euros para cada unha das nove restantes que completen o calendario.

Consulta as bases completas do concurso neste enlace