Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > As bibliotecas de Arteixo acollen 11 actividades de Ler Conta Moito durante setembro e outubro

/ As bibliotecas de Arteixo acollen 11 actividades de Ler Conta Moito durante setembro e outubro

As  Rede Municipal de Bibliotecas volve a encherse de historias, música, maxia e imaxinación durante os meses de setembro e outubro coa programación da campaña Ler Conta Moito, unha iniciativa da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia organizada coa Rede Municipal de Bibliotecas do Concello de Arteixo.

A programación inclúe un total de 11 actividades dirixidas á rapazada de entre 4 e 11 anos, con propostas de animación á lectura que buscan achegar a lectura e a cultura á infancia dun xeito lúdico, participativo e divertido. Todas as actividades terán lugar ás 18.30 horas.

As propostas desenvolveranse nas bibliotecas municipais de Oseiro, Meicende, Pastoriza e na Biblioteca Central Henrique Rabuñal.

As actividades combinarán diferentes formatos e disciplinas, desde contacontos e teatro ata música e maxia, con propostas que abordan tamén cuestións como a igualdade, a diversidade, o respecto, o coidado do planeta e o pracer de descubrir novas historias.

As persoas interesadas deberán realizar a inscrición previa na biblioteca correspondente, segundo o calendario establecido para cada centro.

A campaña Ler Conta Moito está promovida pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e organízase en colaboración coa Rede Municipal de Bibliotecas do Concello de Arteixo.