O Concello informa de que o prazo de pagamento voluntario da taxa do lixo correspondente ao primeiro semestre de 2026 permanecerá aberto entre o 16 de xullo e o 21 de setembro, ambos os dous días incluídos.

No caso dos recibos domiciliados, o cargo en conta efectuarase o 23 de xullo de 2026.

As persoas que, antes de finalizar o período voluntario, non reciban no seu domicilio o recibo para efectuar o pagamento ou, no caso das domiciliacións, o xustificante bancario do cargo, deberán poñerse en contacto co Concello de Arteixo, no teléfono 981 600 009, para solicitar un duplicado.

O Concello lembra que os recibos que non sexan aboados dentro do prazo voluntario serán tramitados pola vía executiva, coa aplicación dos recargos legalmente establecidos.