O Concello abre o prazo de pago voluntario da taxa de lixo correspondente ao segundo semestre de 2026. O período estará comprendido entre o 11 de novembro de 2026 e o 18 de xaneiro de 2027, ambos inclusive.

As persoas que non reciban no seu domicilio o recibo para realizar o pago ou, no caso de ter o tributo domiciliado, non reciban o xustificante bancario do cargo en conta con data 18 de novembro de 2026, deberán poñerse en contacto co Concello de Arteixo para solicitar un duplicado.

Para realizar esta consulta ou solicitar o recibo, está dispoñible o teléfono municipal 981 600 009.

O Concello lembra que, unha vez finalizado o período de pago voluntario, os recibos que permanezan pendentes serán cobrados pola vía executiva, cos recargos correspondentes.