O Campo da Festa acollerá o sábado 31 de outubro a celebración do Samaín de Arteixoven, cunha programación que combinará unha actividade de terror e música durante a noite.
O túnel do terror estará aberto de 22.30 a 00.30 horas. A proposta arrancará na Praza do Balneario, desde onde unha aparición misteriosa conducirá as persoas participantes ata o Campo da Festa.
A festa prolongarase desde as 22.30 ata as 03.30 horas e contará coas actuacións do Grupo Acordes, Disco Impacto e DJ David Bermúdez.
A cita propón unha noite de Samaín con sustos e música para gozar da celebración en Arteixo.
