Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Educación oferta novos campamentos de Nadal para axudar á conciliación

/ Educación oferta novos campamentos de Nadal para axudar á conciliación

O Departamento de Educación abre ata o 5 de decembro, o prazo de preinscrición para os dous campamentos municipais de Nadal: o Campamento Concilia – Viaxe ao Polo Norte e o Laboratorio Musical – O Apalpador. Ambas actividades desenvolveranse os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro, así como o 2, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O Campamento Concilia, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, terá lugar no Centro Social de Vilarrodís e inclúe actividades temáticas, obradoiros e dinámicas de conciliación. O Laboratorio Musical, para participantes de 4 a 12 anos, desenvolverase no Centro Cívico Cultural e centrará o seu contido na creación dunha actuación musical final.

A taxa de inscrición para ambos programas é de 32 euros, con servizos complementarios dispoñibles no caso do Concilia (madrugadores, almorzo, xantar ou ludoteca). As prazas son limitadas e terán prioridade os menores empadroados no municipio. Se a demanda supera a oferta, realizarase un sorteo o día 9 de decembro ás 10:00 horas.

Como novidade desta edición, os participantes deben consultar previamente as Normas de funcionamento e a documentación necesaria que pódese descarregar nos seguintes enlaces:

Folla inscrición

Anexo 1

Anexo 2

Anexo 3

Anexo 4

A preinscrición debe realizarse por correo electrónico, enviando a solicitude a educacion@arteixo.org co asunto campamento Nadal 2025.