Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Nova xornada “Saudablement” para promover o coidado da saúde mental

/ Nova xornada “Saudablement” para promover o coidado da saúde mental

A Concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, organiza unha nova actividade formativa e de sensibilización titulada “Saudablement: como coidar a saúde mental”.

Será o vindeiro xoves 29 de xaneiro e está deseñada para ofrecer ferramentas e coñecementos sobre o coidado do benestar emocional á cidadanía.

O evento desenvolverase na sala multiusos, situada na planta baixa do Centro Social de Froxel (Rúa José Pérez Ballesteros, 39, Oseiro), en horario de 11:00 a 12:30 horas. Esta iniciativa conta co cofinanciamento do Ministerio de Hacienda, a Unión Europea a través dos Fondos Europeos, e a Deputación da Coruña.