Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Cursos de verán de surf: listaxe de persoas admitidas

/ Cursos de verán de surf: listaxe de persoas admitidas

O servizo municipal de deportes fai pública a listaxe de persoas admitidas nos cursos de verán de surf, como resultado do sorteo público celebrado o 18 de maio ás 11.00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo, no que a letra resultante de dito sorteo foi o «L».

As persoas admitidas terán do 20 ao 27 de maio  para formalizar a matrícula, que poderá facerse de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes en horario de luns averes de 09.00 a 14.00 h,  ou a través do correo electrónico na dirección deportes@arteixo.org.
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 8 de xuño.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Arteixo.