Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O concello recepciona o novo parque infantil e a zona biosaludable de Candame

PUBLICACIÓN

O concello recepciona o novo parque infantil e a zona biosaludable de Candame

16 Nov, 2026 | NOTICIAS

O Concello vén de recepcionar as obras do novo parque infantil e da área biosaludable de Candame, unha actuación que completa a segunda fase de humanización deste barrio do núcleo de Arteixo. O proxecto permitiu acondicionar unha parcela de máis de 16.000 metros cadrados situada entre as rúas Aurelio Aguirre e Pastor Díaz.

O novo parque infantil conta con doce elementos de xogo de última xeración, certificados conforme ás normas europeas de seguridade. Entre eles figuran un carrusel e un columpio combinado deseñados para facilitar o xogo compartido de nenos e nenas con diferentes capacidades. O equipamento complétase con xogos musicais, tobogáns de ladeira e estruturas de trepa, entre outros elementos.

Toda a área está protexida por un peche perimetral de seguridade para separar o espazo de xogo do tráfico rodado próximo.

A intervención inclúe tamén unha zona destinada ás persoas adultas e maiores, con aparellos biosaludables como unha bicicleta estática e outra para exercitar os brazos. Xunto a ela creouse unha praza de estancia cunha pérgola de madeira e aceiro que cobre o 50 % da superficie para proporcionar sombra.

O mobiliario complétase con bancos prefabricados de formigón e madeira e mesas de deseño. A actuación incorpora ademais novas redes de iluminación e rega, así como unha fonte de auga potable.

Esta intervención dá continuidade á primeira fase de urbanización do entorno de Candame, finalizada a comezos de 2025. Os traballos daquela fase, cun orzamento de 524.000 euros, permitiron urbanizar as rúas Manuel Murguía, Rogelio Aguirre e Rosalía de Castro, nun ámbito que carecía de beirarrúas, espazos verdes e mobiliario urbano.

Coa recepción desta segunda fase, o barrio incorpora un novo espazo público que reúne áreas de xogo infantil, actividade física e descanso, completando a transformación iniciada coa renovación das rúas e dos servizos urbanos.