Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Ampliación do circuíto de autocrós de Morás para acadar os 204.000 metros cadrados

PUBLICACIÓN

Ampliación do circuíto de autocrós de Morás para acadar os 204.000 metros cadrados

26 Feb, 2026 | NOTICIAS

O Concello da un paso decisivo na modernización e ampliación do histórico circuíto de autocrós José Ramón Losada, situado na parroquia de Morás. O goberno local vén de aprobar inicialmente o novo Plan Especial de Dotacións que redelimita o ámbito do circuíto, tras acadar un acordo co Ministerio de Fomento para a cesión gratuíta de cinco parcelas estatais que suman 56.000 m².

Con esta incorporación, a superficie total do recinto deportivo acadará os 204.000 m². Esta ampliación permitirá unha reordenación integral dos espazos, mellorando as instalacións e complementando os usos actuais de «A Catedral», alcume polo que é coñecida a pista entre os afeccionados.

Tras esta aprobación inicial, o proxecto foi remitido a cinco organismos sectoriais para a emisión dos seus respectivos informes: o Ministerio de Transportes, a Axencia Galega de Infraestruturas, Augas de Galicia, Patrimonio Cultural e o Ministerio de Transformación Dixital. Unha vez recibidos os avais destas institucións, o Concello procederá á aprobación definitiva.

Este impulso administrativo coincide cun fito deportivo de gran relevancia. A Peña Autocross Arteixo, organizadora das probas e entidade con máis de 30 anos de historia, recibiu un informe favorable da Federación Internacional de Automovilismo (FIA). O documento confirma que o circuíto cumpre cos requisitos necesarios para acoger unha proba do Campionato de Europa de Autocross e Carcross de cara ao ano 2027, destacando a excelencia da organización e a importancia estratéxica do evento para o municipio.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso