Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Axudas de libros e material didáctico do curso 2025/2026: listaxe de requirimentos

/ Axudas de libros e material didáctico do curso 2025/2026: listaxe de requirimentos

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación informa da publicación da listaxe de requirimentos de documentación necesarios para completar os expedientes de solicitude das axudas ao estudo da Liña 2, destinadas á adquisición de libros de texto e material didáctico para o presente curso escolar.

As familias que presentaron a solicitude deben comprobar o estado do seu expediente. De ser o caso, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio na páxina web municipal, para emendar as faltas ou achegar os documentos solicitados.

En cumprimento do artigo 68.1 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, de non presentarse a documentación requirida no prazo estipulado, entenderase que a persoa interesada desiste da súa petición, logo da correspondente resolución administrativa.

Consulta de datos e protección da privacidade

Seguindo as recomendacións da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) para garantir a confidencialidade e seguridade dos datos persoais, os documentos de identidade dos solicitantes (DNI, NIE ou Pasaporte) móstranse cifrados de xeito parcial, publicando unicamente os díxitos que ocupan as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima.

A continuación detallase a listaxe de solicitudes que precisan achegar documentación e o motivo do requirimento:

DNI / NIE Solicitante Documentación ou Trámite Requirido
***6174** Acreditar a non existencia de débedas de Don VLT co Concello.
***6573** Presentar factura/s.
***0827** Acreditar a non existencia de débedas de JVL coa Deputación.
***9576** Sinatura de autorizacións e presentar factura/s.
****8793 Presentar DNI/NIE da persoa solicitante.
****5257 Presentar DNI/NIE da persoa solicitante.

As alegacións e documentos deben tramitarse preferentemente de xeito telemático a través da sede electrónica municipal ou polos canles habilitados de rexistro público.