Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > «Camiño libre, rede segura»: Arteixo contra a violencia machista

/ «Camiño libre, rede segura»: Arteixo contra a violencia machista

FINANCIADO POR:

/ «Camiño libre, rede segura»: Arteixo contra a violencia machista

FINANCIADO POR:

«Camiño libre, rede segura», é o lema baixo o que este ano conmemoramos o 25 de novembro. Trátase dun programa que combina actividades de sensibilización, prevención e participación cidadá.

As propostas comezan este venres 13 de novembro cun taller de defensa persoal para mulleres e coa representación da obra teatral «Señores (unha comedia machirula)», no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

O sábado 21 terá lugar a VIII Andaina contra a Violencia de Xénero. A saída está prevista para as 10.00 horas desde a cuberta do campo da festa de Arteixo. O percorrido será urbano, de catro quilómetros e de dificultade baixa. A actividade conta con prazas limitadas para 450 persoas e require inscrición previa a través do enlace ou código QR habilitado para ese fin.

A programación completarase o mércores 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, coa iluminación da fachada do Concello. Ademais, desenvolveranse xornadas sobre prevención da violencia dixital nos centros escolares.

Con esta programación, Arteixo súmase á conmemoración do 25N cunha chamada á sensibilización e á implicación colectiva na prevención de todas as formas de violencia contra as mulleres.