A Concellaría de Promoción Económica organiza unha nova edición da Feira de Oportunidades (FOP), que se celebrará os días 6, 7 e 8 de marzo de 2026 no Campo da Festa. Este evento é unha cita clave para que os establecementos do municipio poidan dar saída ao seu stock e promocionar a súa actividade.
O prazo para que os comerciantes presenten as súas solicitudes de participación estará aberto desde o 4 ata o 16 de febreiro de 2026, ambos incluídos. As solicitudes deben tramitarse obrigatoriamente a través da sede electrónica municipal. Poden participar todos aqueles comercios que teñan un establecemento aberto ao público no termo municipal de Arteixo.
Podes consultar as bases completas aquí
