Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O Concello recepciona a obra de mellora do complexo de campos de fútbol de Meicende

/ O Concello recepciona a obra de mellora do complexo de campos de fútbol de Meicende

O Concello a obra de mellora do complexo de campos de fútbol de Meicende, unha actuación desenvolvida durante os últimos seis meses cun investimento de 780.000 euros e que permitiu renovar o céspede dun dos dous campos que forman parte das instalacións.

O proxecto incluíu a renovación integral do campo e diferentes traballos de acondicionamento do recinto. Entre as actuacións realizadas atópanse a construción de novos peches, a substitución das redes e o repintado dos muros, así como a renovación integral dos sistemas de rega e drenaxe.

A intervención tamén permitiu mellorar a accesibilidade do complexo coa instalación dun ascensor e o acondicionamento do actual acceso ao recinto para facilitar a entrada das persoas con mobilidade reducida. Ademais, substituíronse os proxectores por iluminación LED e instalouse un novo sistema de rega mediante aspersores emerxentes.

As obras completáronse coa renovación de diferentes elementos do equipamento deportivo, entre eles as porterías, os bancos e os bandeiriños.

O campo no que se realizaron estas actuacións tiña doce anos de antigüidade e o uso intenso por parte dos equipos que utilizan habitualmente o complexo provocara un importante desgaste das instalacións. Con anterioridade, o Concello xa acometera a renovación integral do outro campo de fútbol que forma parte do complexo deportivo de Meicende.