O Concello de Arteixo pon a disposición da cidadanía a información relativa ás distintas liñas de subvencións publicadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o presente exercicio 2026. Estas axudas teñen como obxectivo fomentar o autoemprego, a contratación indefinida, a conciliación e o retorno de emigrantes galegos.
A continuación, detállanse os programas dispoñibles e a normativa reguladora:
Marco Lexislativo:
Orde Contratación Autónomos: Orde do 17 de decembro de 2025.
Programas de axudas autonomos: Orde do 30 de decembro de 2025.
Orde Autoemprego emigrantes retornados: Resolución do 15 de xaneiro de 2026.
Principais Programas de Axuda e Fichas Informativas:
-
Promoción do Emprego Autónomo (TR341D): Axudas para persoas desempregadas que inicien a súa actividade en Galicia. O prazo de solicitude abre o 11 de febreiro de 2026 e remata o 30 de setembro de 2026.
-
Bono Nova Oportunidade Persoas Autonomas (TR790A): Dirixido a persoas que cesaron a súa actividade anteriormente e volven emprender.
-
Bono Persoas Autonomas (TR341Q): Apoio para investimentos que melloren a competitividade de negocios xa consolidados.
-
Bono Contratacion Indefinida Persoas Autonomas (TR349F): Incentivos pola primeira, segunda e terceira contratación indefinida realizada por autónomos.
-
