Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Arteixo no 8M: Nova Xornada ‘Arteixo Activo… en Feminino’ para poñer en valor o papel das mulleres no municipio

/ Arteixo no 8M: Nova Xornada ‘Arteixo Activo… en Feminino’ para poñer en valor o papel das mulleres no municipio

FINANCIADO POR:

/ Arteixo no 8M: Nova Xornada ‘Arteixo Activo… en Feminino’ para poñer en valor o papel das mulleres no municipio

FINANCIADO POR:

O Centro de Información á muller organiza o vindeiro mércores, 27 de marzo, a décima edición da xornada «Arteixo Activo… en Feminino», unha iniciativa enmarcada dentro dos actos programados con motivo do 8M e que se desenvolverán ao longo de todo o mes de marzo.

«Arteixo activo»,  que se desenvolverá no Centro Tecnolóxico de Arteixo entre as 17:30 e as 19:30 horas, consolídase como un espazo de referencia para a visibilización e o recoñecemento do liderado feminino no ámbito local.

O acto dará comezo coa lectura pública dun manifesto a cargo de Inés Ramos Álvarez, concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación. Esta intervención institucional servirá para reafirmar o compromiso do Concello coas políticas de igualdade e o apoio constante ao tecido social liderado por mulleres.

Un dos eixes centrais da xornada será a celebración dunha mesa redonda na que participarán destacadas profesionais de diferentes ámbitos: Ana Ramos Ramos, en representación da Asociación Mulleres do Sector Público; Andrea Manuela García Corzo, do Fondo Galego de Cooperación; e Ana López Lorenzo, da Asociación Mulleres en Igualdade.

Así mesmo, a edición de 2026 outorgará o recoñecemento «Mulleres de Arteixo» a María Teresa Carnota Fernández, María José Carnota Fernández e María Aurora Verdía Abelenda. O Concello quere destacar con esta distinción a súa relevante contribución ao movemento asociativo do municipio e o seu traballo en prol da comunidade.

Dada a limitación de aforo, as persoas interesadas en asistir deberán formalizar a súa inscrición previa. O proceso pode realizarse de xeito telemático a través do código QR habilitado na cartelería oficial ou contactando co Centro de Información á Muller (CIM) a través do teléfono 981 601 415 ou do correo electrónico muller@arteixo.org.

Con esta iniciativa, o Concello de Arteixo continúa a súa programación de actividades encadradas na promoción da igualdade de oportunidades e o recoñecemento do talento feminino como motor de desenvolvemento social e cultural nas parroquias do municipio.