A concellería de educación abre o prazo de presentación de solicitudes para as axudas correspondentes ao curso 2026/2027, nas liñas de axudas para libros e material didáctico e de mobilidade.
A bases reguladoras publicadas no BOP pódense consultar neste enlace
As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello , ou presencialmente no departamento de Educación, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Tamén poderán presentarse noutros rexistros municipais segundo o sistema establecido en cada un deles.
Na Liña 2, correspondente ás axudas para libros e material didáctico, as persoas destinatarias son familias empadroadas no Concello de Arteixo con anterioridade á apertura do prazo da convocatoria anual, que teñan menores de idade ao seu cargo escolarizados en centros sostidos con fondos públicos no nivel de ensino infantil, concretamente en 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.
Documentación necesaria:
Impreso solicitude – Libros e material didáctico
Publicación BOP convocatoria – Libros e material didáctico
O prazo de solicitude desta liña estará aberto do 9 ao 30 de setembro de 2026.
Na Liña 3, correspondente ás axudas de mobilidade, as persoas destinatarias son estudantes de Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas, Ensinanzas Musicais e estudos universitarios en centros públicos do territorio galego, empadroados no Concello de Arteixo e que vivan a máis de dous quilómetros do centro de ensino ou do centro no que realicen as prácticas.
Documentación:
Impreso solicitude – Mobilidade
Publicación BOP convocatoria -Mobilidade
O prazo de solicitude para esta liña estará aberto do 9 de setembro ao 9 de outubro de 2026.
