Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Un tramo da travesía de Pastoriza permanecerá cortado ao tráfico este domingo por unha rodaxe da serie «Clanes»

/ Un tramo da travesía de Pastoriza permanecerá cortado ao tráfico este domingo por unha rodaxe da serie «Clanes»

Un tramo da travesía de Pastoriza permanecerá cortado ao tráfico este domingo, 27 de setembro, entre as 14:00 e as 18:00 horas, con motivo da rodaxe da nova tempada da serie de televisión Clanes, producida por Vaca Films.

A gravación prevista en Pastoriza inclúe unha secuencia de persecución de coches con accidente, polo que será necesario interromper temporalmente a circulación na zona afectada. Para facilitar os desprazamentos durante o período de rodaxe habilitaranse dous desvíos, un para os vehículos que circulen en dirección Arteixo e outro para aqueles que se dirixan cara A Coruña.

O plano que acompaña esta información permite consultar tanto o tramo no que se producirá o corte como os itinerarios alternativos habilitados para a circulación.

A rodaxe contará coa participación de arredor de 150 persoas, ademais de varias unidades móbiles de produción, que se desprazarán ata Pastoriza para levar a cabo a gravación.

O Concello recomenda ás persoas que teñan previsto circular pola zona durante a tarde do domingo que teñan en conta o corte temporal e planifiquen os seus desprazamentos utilizando os desvíos sinalizados.