Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Arteixo, Carballo e A Laracha colaboran no proxecto de gobernanza cognitiva COGNIX

PUBLICACIÓN

Arteixo, Carballo e A Laracha colaboran no proxecto de gobernanza cognitiva COGNIX

18 May, 2026 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

Os concellos de Arteixo, Carballo e A Laracha cooperarán no proxecto COGNIX, unha candidatura que presentarán conxuntamente ao programa Iniciativa Urbana Europea, dependente de xeito directo da Comisión Europea. O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, mantivo hoxe un encontro de traballo no municipio co concelleiro de Carballo, Daniel Barreiro, e o concelleiro da Laracha, Pablo Cambón. Os tres concellos solicitarán un orzamento de dous millóns de euros, que servirá para o financiamento integral desta nova plataforma operativa.

O obxectivo central de COGNIX é o uso do análise de datos agregados e a intelixencia artificial para predecir o comportamento poboacional e mellorar a xestión do territorio, adaptando os servizos públicos ás necesidades dos veciños. O sistema monitorizará e clasificará as demandas por segmentos como a infancia, a idade adulta, a vellez ou as persoas neurodiverxentes e con necesidades especiais de accesibilidade.

A recollida de datos abertos permitirá reorientar as investimentos municipais cara ás necesidades estatísticas reais e habilitar unha aplicación para a cidadanía. Esta ferramenta dixital ofrecerá información en tempo real sobre aforos, tempos de agarda e rutas adaptadas que se axustan ao contorno. O proxecto busca evitar a autoexclusión do espazo público de persoas con hipersensibilidade sensorial ou neurodiverxencia, ademais de reducir a conxestión do tráfico e protexer os espazos naturais.

Para o tecido económico local, que inclúe á hostalería, o comercio e a cultura, a plataforma abrirá unha canle de adhesión voluntaria a través de asociacións empresariais. Os negocios participantes accederán a información agregada do contorno e recibirán formación de balde en hospitalidade inclusiva para xerar unha co-creación directa entre a administración, os veciños e o sector produtivo.