Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Arteixo celebra o Samaín con actividades para todos os gustos

/ Arteixo celebra o Samaín con actividades para todos os gustos

Cociña escalofriante, cine terrorífico, truco ou trato, dinamización do comercio e actividades en todos os centros sociais.

O Concello organiza unha programación especial de Samaín con propostas para gozar destas datas a través da creatividade, os xogos, o cine e as actividades temáticas nos centros sociais do municipio.

A programación inclúe obradoiros de decoración de cabazas, cociña escalofriante, retratos pantasma, máscaras de Samaín e cestiños monstruosos, ademais de sesións de cine terrorífico, festas de Samaín e o Túnel do Terror.

A maioría das actividades requiren inscrición previa, polo que se recomenda reservar praza con antelación. O Túnel do Terror e a iniciativa «Truco ou trato» serán de acceso libre ata completar aforo ou dispoñibilidade, segundo corresponda.