Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Música e túnel do terror para celebrar o Samaín coa mocidade

/ Música e túnel do terror para celebrar o Samaín coa mocidade

A tConcellería de Xuventude, organiza o vindeiro 31 de outubro a Festa de Samaín, que se desenvolverá no Campo da Festa cun amplo programa de actividades.

O evento incluirá un túnel do terror, con pases diferenciados para menores de 12 anos —de 20.15 a 21.15 horas— e para maiores de 12 anos —de 21.15 a 23.15 horas—.

A noite completarase co Concerto Samaín, que contará coa actuación da Orquestra Cinema e do DJ Josiño Destroyer. As actividades estenderanse desde as 20.15 ata as 3.00 horas da madrugada.

A proposta forma parte da programación de Xuventude e busca ofrecer unha alternativa lúdica e segura para celebrar esta festividade tradicional cun ambiente festivo e participativo.