Poñer en valor o patrimonio natural, histórico e cultural mariño é o obxectivo do programa de rutas guiadas tematizadas polo litoral de
Arteixo que pon en marcha a concellería de patrimonio e turismo.
As actividades comezarán o 22 de xullo e prolongaranse ata o 5 de setembro.
A proposta consta de dous percorridos circulares, con saída e chegada no Museo Mar de Sorrizo,. Deste xeito, búscase dar a coñecer tanto o contido
expositivo do centro e a súa oferta de actividades, como os valores paisaxísticos e históricos do territorio.
Dúas rutas, dous enfoques:
Historias do Mar. Terá lugar os martes e xoves. O itinerario percorre diferentes puntos de interese relacionados coa historia marítima local, como
os antigos portos naturais das parroquias de Sorrizo e Bendición; o campamento mesolítico de Chamín-Reiro; as historias dos naufraxios desta
costa ou lendas locais.
~ Datas: 22 e 31 de xullo / 7 e 21 de agosto / 4 de setembro
~ Duración: 2 horas | Distancia: 8 km | Dificultade: fácil | Saída: 11h
Biodiversidade. Terá lugar os mércores e venres. A ruta céntrase nos valores ecolóxicos da costa. O percorrido inclúe zonas de alto valor ecolóxico da
Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; as praias fósiles, o humidal, ecosistemas dunares e zonas de avistamento de cetáceos.
~ Datas: 23 de xullo / 1, 8 e 22 de agosto / 5 de setembro
~ Duración: 1 hora e 30 minutos | Distancia: 6 km | Dificultade: fácil
As rutas iniciaranse sempre dende o Museo Mar de Sorrizo (onde tamén rematarán). Serán sempre ás 11:00 h.
Estas rutas forman parte da aposta do Concello de Arteixo pola promoción do turismo sustentable e a educación ambiental, ofrecendo unha alternativa
de ocio cultural e natural para veciñanza e visitantes.
As prazas son limitadas, polo que é preciso reservar con antelación. As reservas faranse a través da seguinte ligazón: mardesorrizo.arteixo.org
Máis información:
676 18 12 04 | turismo@arteixo.org
Martes a sábado: 11:00–13:00 e 16:00–19:00
Domingo: 11:00–13:00
O programa de rutas tematizadas polo litoral, forma parte das actividades recollidas no proxecto “Mar de Sorrizo: dinamización do patrimonio cultural
pesqueiro e marítimo de Arteixo” promovido polo concello de Arteixo. O proxecto está financiado polas axudas autonómicas xestionadas polo GALP Golfo Ártabro Sur no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027