SUMARTE informa a todos os usuarios e usuarias do servizo de abastecemento de auga sobre unha intervención programada para a mellora da rede xeral.
Debido a estas tarefas de mantemento e optimización das infraestruturas públicas, o subministro permanecerá cortado, salvo imprevistos, durante a noite do mércores 21 ao xoves 22 de xaneiro entre as 23:30 horas e as 05:00 horas do xoves 22 de xaneiro.
A interrupción do servizo afectará ás seguintes rúas e números:
-
Travesía de Arteixo: números impares do 1 ao 273 e números pares do 2 ao 158.
-
Avenida Fisterra: números impares do 1 ao 137.
-
Rúas: Laxobre, Horreos, Pombales, Santo Estevo de Moras, Castros, Cruceiros, Groufa, Camiño da Groufa, Travesía da Groufa, Fonte da Horta, Do Barral, Monte Pequeño, Andrés Gaos, Agramonte, Costa María Pita, Santiago Apostol, Reconquista, Guerra da Independencia, Sinforiano López, Xeral Porlier, Das Petellas, Cerrada, Rigoberta Menchu, Teresa de Calcuta e Camiño do Canabal.
Para evitar incidencias nas instalacións interiores ou perdas innecesarias de auga tras o restablecemento do servizo, aconséllase asegurarse de que ningunha billa quede aberta así como evitar o uso de electrodomésticos como lavadoras ou lavalouzas durante o período de corte.
Dende o Concello de Arteixo pregamos desculpen as molestias que esta actuación necesaria poida causar, traballamos para seguir mellorando a calidade dos servizos públicos de Arteixo. Para calquera dúbida, poden contactar co Servizo de Augas no teléfono 981 65 90 90.
