A Praza do Balneario acolle o próximo 12 de setembro, a partir das 19.00 horas, a Tarde Arteixoven: Remember 2026, unha proposta da área de Xuventude do Concello de Arteixo para desfrutar dunha tarde de música e festa ao aire libre.
A actividade estará ambientada como unha gran discoteca urbana e contará con música dos anos 80, 90 e 2000, acompañada dunha bola de espellos, iluminación espectacular e a participación de diferentes DJs.
A proposta busca recuperar os grandes éxitos de varias décadas e ofrecer á veciñanza unha tarde de música e diversión na Praza do Balneario.