O Concello informa de que, debido ás obras que se están a executar no edificio do Balneario, o Centro de Maiores e o servizo Concilia trasladarán temporalmente a súa actividade ao Centro de Maiores A Baiuca a partir do vindeiro 8 de xuño.
Durante este período manteranse os horarios habituais de atención do Centro de Maiores:
- De luns a venres, de 16:00 a 20:00 horas.
- Os sábados, de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Ademais, o servizo de conciliación funcionará entre o 22 de xuño e o 8 de setembro en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas.
O traslado permitirá garantir a continuidade dos servizos mentres se desenvolven os traballos de mellora nas instalacións do Balneario.
O Concello agradece a comprensión das persoas usuarias e lembra que toda a atención continuará prestándose con normalidade no Centro de Maiores A Baiuca.
