Os centros sociais de Arteixo preparan neste mes de febreiro unha ampla programación de actividades dirixidas a distintos públicos, con propostas centradas nos obradoiros creativos, as manualidades, a música e os encontros comunitarios. Estas iniciativas permiten converter estes espazos en puntos de encontro para a veciñanza fomentando a participación e a convivencia.
A programación continuará ao longo do mes de febreiro cunha nova oferta de actividades que manterá a liña de participación social, aprendizaxe e dinamización comunitaria. O obxectivo é seguir ofrecendo propostas accesibles e abertas á cidadanía, reforzando o papel dos centros sociais como espazos de encontro e actividade ao longo de todo o ano.
A relación completa das actividades programadas para o mes de xaneiro pode consultarse nas ligazóns que seguen:
Interxeneracional do Balneario
