Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > A primavera trae de volta os tradicionais obradoiros das flores

/ A primavera trae de volta os tradicionais obradoiros das flores

A concellería de servizos sociais e maiores, pon en marcha dunha nova edición dos Obradoiros das Flores para este ano 2026. Esta actividade, que conta cunha gran demanda entre a veciñanza, ten como obxectivo fomentar a creatividade e ofrecer un espazo de convivencia a través da arte floral.

As persoas interesadas en participar poderán tramitar a súa solicitude dende mañá, día 4 de marzo, ata o vindeiro día 12 de marzo. A inscrición pode realizarse de xeito presencial nas instalacións do Centro de Maiores A Baiuca (Travesía de Arteixo, 247) ou ben a través do correo electrónico enviando o este formulario cuberto á dirección baiuca@arteixo.org.

Os obradoiros impartiranse en diferentes puntos do municipio para facilitar o acceso de toda a cidadanía:

  • Centro de Maiores A Baiuca: luns de 10:00 a 12:00 horas.

  • Centro de Maiores de Pastoriza: martes de 10:00 a 12:00 horas.

  • Centro Social Cultural de Meicende: mércores de 10:00 a 12:00 horas.

  • Centro Social de Froxel: xoves de 10:00 a 12:00 horas.

As clases darán comezo oficialmente a partir do luns 16 de marzo. Cómpre lembrar que a actividade é totalmente gratuíta, aínda que as prazas son limitadas e outorgaranse por orde de recepción das solicitudes. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co servizo telefónico de atención no número 981 659 095.