A concellería de promoción económica informa da apertura do prazo de solicitudes para as axudas á contratación convocadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. Este programa de incentivos busca fomentar a inserción laboral e a estabilidade no emprego, ofrecendo apoio económico ás empresas e autónomos que realicen novas contratacións.
As axudas están dirixidas a diversos perfís profesionais e pretenden facilitar o acceso ao mercado de traballo a través de subvencións directas aos custos de contratación. Desde o Concello, facilitamos o acceso a esta información para que as empresas do noso municipio poidan fortalecer os seus equipos e contribuír ao desenvolvemento económico de Arteixo.
Podes consultar as bases completas, requisitos e prazos de solicitude neste enlace
