Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Cultura propón novos obradoiros culturais de teatro

/ Cultura propón novos obradoiros culturais de teatro

A Concellaría de Cultura pon en marcha unha nova edición dos Obradoiros Culturais de Teatro, unha iniciativa destinada a fomentar a creatividade, a expresión corporal e o traballo en equipo entre os veciños e veciñas do municipio.

Os obradoiros desenvolveranse entre outubro de 2026 e xuño de 2027 no Auditorio do Centro Cultural Manuel Murguía e estarán dirixidos tanto á mocidade como ás persoas adultas interesadas en achegarse ao mundo das artes escénicas.

A programación estrutúrase en dous grupos de idade, con sesións semanais todos os luns. O grupo xuvenil, para participantes de entre 12 e 17 anos, reunirase de 18.00 a 20.00 horas, mentres que o grupo de adultos, destinado a persoas de 18 a 65 anos, terá as súas sesións de 20.00 a 22.00 horas.

O prezo da actividade é de 35 euros por todo o curso. Cada grupo contará cun máximo de 20 prazas e será necesario un mínimo de cinco participantes para a súa formación. Na admisión darase preferencia ás persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 23 de setembro de 2026. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición dentro deste prazo para poder participar nos obradoiros neste enlace.