Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Prazo de admisión nos centros escolares para o curso 26/27

/ Prazo de admisión nos centros escolares para o curso 26/27

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación publica o prazo de admisión para o vindeiro curso 2026-2027

Do 1 ao 20 de marzo: Presentación das solicitudes ordinarias de admisión. Debe terse en conta que o día 20 de marzo nos centros educativos de Arteixo non é día lectivo e van estar pechados. Ese día poderán presentar a solicitude de admisión a través da sede electrónica.

Do 21 de marzo ao 3 de abril: Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar.

25 de abril: Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido.

15 de maio: publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido.

Do 20 ao 30 de xuño: Formalización da matrícula no centro asignado en Educación Infantil e Primaria

O procedemento concreto pode consultarse aquí

Anexo II