A Concellería de cultura convoca unha nova edición do Concurso de Maios, que terá lugar o vindeiro venres 29 de maio na Avenida do Balneario. O certame, que cumpre once anos poñendo en valor esta tradición galega, convida a participar a veciñanza, asociacións e centros educativos.
As persoas interesadas poderán competir en dúas categorías: Maio Tradicional, respectando as estruturas e materiais naturais típicos de Galicia, e Maio Artístico, onde se permite a recreación libre de monumentos ou escenas diversas.
Premios e participación O concello destina un total de 400 euros para os gañadores de cada modalidade e para o premio especial de centros educativos. Ademais, prevese a concesión de ata 10 accésits de 100 euros cada un.
O prazo de inscrición remata o 15 de maio ás 14:00 horas. Debido a motivos de espazo, a participación está limitada a un máximo de 22 maios, que se asignarán por estrita orde de entrada. Os interesados deben realizar o trámite a través da Sede Electrónica municipal.
