Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O Auditorio CCC Manuel Murguía acolle hoxe a peza de autoficción «Manual de patronaxe»

/ O Auditorio CCC Manuel Murguía acolle hoxe a peza de autoficción «Manual de patronaxe»

A axenda cultural de Arteixo ten hoxe unha parada destacada no Centro Cívico Cultural Manuel Murguía. Ás 20:30 horas, a compañía Teatro do Noroeste presenta «Manual de patronaxe», unha obra baseada no texto de Nerea Brey que afonda na memoria colectiva e na identidade feminina.

A peza configúrase como unha sentida homenaxe ás avoas e ás mulleres coidadoras, situándoas como piares fundamentais e referentes feministas da nosa historia recente. A través da autoficción, a posta en escena convida ao espectador a unha viaxe emocional e reivindicativa.

As entradas poden adquirirse no propio auditorio, unha hora antes do comezo da sesión,  por un prezo de 4 € (tarifa xeral) e 3 € (público adulto con bonificación). Tamén on-line neste enlace.