Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Limpeza anual da lagoa e do leito do río no paseo fluvial

PUBLICACIÓN

Limpeza anual da lagoa e do leito do río no paseo fluvial

10 Jul, 2026 | NOTICIAS

O Concello  iniciou esta semana os traballos de limpeza da lagoa do paseo fluvial, unha actuación que permitirá retirar os lodos, terras e residuos acumulados durante o inverno como consecuencia das fortes choivas e das tormentas.

Os traballos céntranse na retirada do material arrastrado polo río Bolaños desde o val de Loureda, onde as precipitacións provocan cada ano un importante achegue de sedimentos ao cauce.

A actuación inclúe a extracción de lodos, terra, maleza e residuos mediante escavadoras de distintos tamaños, complementadas co traballo manual dos operarios municipais, que se encargan da limpeza das marxes para retirar plásticos, latas e outros desperdicios, preservando ao mesmo tempo a vexetación natural de ribeira.

Esta limpeza realízase de maneira periódica para favorecer o correcto funcionamento do río e contribuír á prevención de posibles inundacións, ademais de recuperar nalgúns puntos o trazado natural do cauce, alterado pola acumulación de sedimentos e residuos.

 

O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, destacou a importancia desta actuación. «É fundamental coidar e potenciar unha das principais zonas de lecer de Arteixo como é o paseo fluvial, visitada a diario por centos de persoas que, con toda a razón, esixen que estea o máis coidada posible».

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso