Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O verán chega cargado de deporte con máis de 3000 prazas en preto dun centenar de actividades

/ O verán chega cargado de deporte con máis de 3000 prazas en preto dun centenar de actividades

O Programa Deportivo de Verán 2026 dispón de 3.000 prazas de 83 diferentes actividades que contan coa colaboración de diversas entidades deportivas do Concello, co fin de achegar a práctica deportiva aos cidadáns de Arteixo.

O obxectivo constante é promover uns hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais, a Concellería de deportes a través deste programa, continúa co seu obxectivo de fomentar o asociacionismo, apoiando ao tecido asociativo local coas distintas actividades nas que colabora. Por ese motivo propóñense unha serie de actividades que se ofertarán ao longo de todo o verán en diferentes instalacións deportivas municipais.

Triptico Informativo

Procedemento inscrición cursos de surf

Solicitude de preinscrición cursos de surf