O Concello, coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, vai pór en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia “Concello de Arteixo 2026-2027”.
O novo programa inclúe cursos de formación específica de:
– atención ao cliente/caixeiro,
– servizo de comedor e transporte escolar,
– operario/a de almacén/carretilleiro,
– operario/a de tenda,
– operario/a de fábrica/carretilleiro.
