Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Xuventude abre o prazo de inscrición para a programación de actividades de verán

/ Xuventude abre o prazo de inscrición para a programación de actividades de verán

O Departamento de Xuventude  abrirá o vindeiro 30 de xuño, ás 9:00 horas, o prazo de inscrición para participar nas actividades de verán programadas para este 2026. As solicitudes poderán presentarse ata o 6 de xullo, ás 14:00 horas, e as prazas asignaranse por orde de inscrición.

A programación inclúe actividades deportivas, de aventura e formativas, entre as que se atopan dúas edicións de Arteixo no Mar, con sesións de vela, kayak e paddle surf; unha xornada de paintball; unha saída de rafting; un paseo a cabalo; un taller de intelixencia artificial e unha viaxe de dous días ao parque Pena Aventura, en Portugal.

A listaxe de persoas admitidas publicarase o 7 de xullo e o pagamento das actividades deberá realizarse entre os días 8 e 9 de xullo. As inscricións tramitaranse a través do formulario habilitado para este programa.