Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Aberto o prazo de inscrición para o servizo de conciliación temperá “Mañanceiros”

/ Aberto o prazo de inscrición para o servizo de conciliación temperá “Mañanceiros”

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación activa un ano máis o servizo de conciliación matinal “Mañanceiros” en cinco centros educativos de Arteixo: EEI Barrionovo, EEI Vilarrodís, CEIP Galán, EEI Larín e EEI Rorís.

Este programa permite ás familias deixar aos seus fillos e fillas nos centros antes do inicio do horario lectivo, favorecendo así a conciliación tamén nas primeiras horas da mañá.

O servizo estará dispoñible nos días lectivos estipulados pola Consellería de Educación para o curso 2025/2026 e funcionará desde as 7:00 h da mañá ata o inicio das clases. Os horarios poderán adaptarse ás necesidades das familias usuarias.

O custo actual é de:

  • 2,50 €/día con almorzo

  • 1,50 €/día sen almorzo

Para que o servizo se active en cada centro será necesario un mínimo de 5 persoas usuarias fixas.

O prazo de inscrición vai do 15 ao 24 de xullo e as prazas cubriranse por rigorosa orde de entrada (teñen validez tanto os envíos por correo electrónico como as entregas presenciais).

As solicitudes deben entregarse:

  • Presencialmente no Departamento de Educación (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h)

  • Ou por correo electrónico a: educacion@arteixo.org

📎 Descargar o modelo de inscrición aquí

Pódese descarregar o folleto informativo completo neste enlace

Ir al contenido