Filtro xeral
Filtro xeral

 

 

Inicio > Buscamos fotografías antigas para un proxecto sobre a memoria do litoral

/ Buscamos fotografías antigas para un proxecto sobre a memoria do litoral

Iniciamos unha campaña de recollida de imaxes históricas centrada no ámbito mariñeiro e na vida na costa.

A iniciativa encamiñada ao Museo Mar de Sorrizo trata de dixitalizar fotografías de embarcacións, tarefas pesqueiras e paisaxes litorais.O obxectivo é involucrar á cidadanía na conservación da historia local mediante a achega de material fotográfico privado.

As persoas interesadas poden achegar o material á Alcaldía ou ao propio museo. Tamén se habilita o envío por correo postal ao consistorio.

O procedemento garante a devolución dos orixinais tras o seu escaneo.