Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Noitebras Teatro abre as representacións da segunda edición do certame de teatro Amador

/ Noitebras Teatro abre as representacións da segunda edición do certame de teatro Amador

Comezan as representacións da segunda edición do Certame de Teatro Amador Premios amArte 2026 para dar visibilidade á creación cultural de base.

A primeira obra finalista representarase este venres 15 de maio ás 20:30 horas.Noitebras Teatro presenta a obra Retablo do esperpento baixo a dirección de Xurxo Feral. O espectáculo está dirixido a público maior de 14 anos e ten unha duración de 60 minutos. A entrada ao recinto será libre ata completar o aforo dispoñible.

A iniciativa repartirá un total de 3.000 euros en premios. Cada unha das cinco compañías seleccionadas percibirá 400 euros por participar e optará a dous premios especiais de 500 euros do público e do xurado.

As funcións realizaranse en maio e xuño no Auditorio do CCC Manuel Murguía.