A Rede Municipal de Bibliotecas abre o prazo de inscrición para as súas actividades de verán dirixidas á rapazada de 4 a 11 anos. As inscricións poderán realizarse desde o 2 ata o 22 de xuño.
As actividades desenvolveranse en horario de 10:00 a 13:00 horas e estarán dinamizadas por monitorado especializado de Proyecto Bululú, entidade con ampla experiencia no desenvolvemento de actividades educativas e de lecer para a infancia.
No caso de que o número de solicitudes supere as prazas dispoñibles, realizarase un sorteo o día 23 de xuño para a súa asignación.
A programación deste verán inclúe dúas propostas temáticas:
Os Crononautas: viaxeiros no tempo. Unha iniciatica na que a rapazada participante converterase en auténticos viaxeiros do tempo para descubrir diferentes épocas históricas, coñecer grandes personaxes e explorar o futuro a través de xogos, actividades e experiencias cheas de curiosidades e descubrimentos. Será do 29 de xuño ao 10 de xullo. Na Biblioteca Central «Henrique Rabuñal» de Arteixo, con 25 prazas, e na Biblioteca de Meicende «Antón Castro», con 20 prazas.
Vaia tribo! é o argumento da segunda proposta. Do 13 ao 17 de xullo.
Nesta actividade os participantes achegaranse á cultura, tradicións e forma de vida dos pobos indíxenas de América. A través de xogos, creacións e dinámicas participativas descubrirán a súa estreita relación coa natureza e os seus costumes.
Som 25 prazas e desenvolverase na Biblioteca Central «Henrique Rabuñal»
Lémbrase que a rapazada deberá ser acompañada por unha persoa adulta tanto no momento da chegada como no da recollida.
Para obter máis información ou formalizar a inscrición, as persoas interesadas poden contactar coa Biblioteca Central «Henrique Rabuñal» de Arteixo no teléfono 981 659 106 ou coa Biblioteca de Meicende «Antón Castro» no 981 274 027.
